Novo episodio de COUSAS NAS ONDAS, o podcast do IES Nº1 de Ribeira, co repaso semanal a todo o que se move no centro. Nesta entrega falamos das actividades destes días, cunha mención especial ao Entroido, que esta semana se celebra no instituto con ambiente festivo, creatividade e participación do alumnado.
O programa tamén incorpora novidades da música galega e lembra unha data moi sinalada: o 13 de febreiro, Día Internacional da Radio, poñendo en valor este medio como espazo de comunicación e expresión xuvenil.
🎧 Dálle ao play, escoita COUSAS NAS ONDAS 4 e non perdas nada do que pasa no insti. A radio soa… e o Entroido tamén! 🎙️🎭

Comentarios
Publicar un comentario