DIA DE ROSALIA

O programa de hoxe en RADIO NAS ONDAS chega cunha pequena novidade no equipo de locución. Debido a que as nosas Noas non puideron asistir nesta ocasión, o micrófono queda en moi boas mans: Nair e Julia, alumnas de 1º ESO, son as encargadas de conducir o espazo radiofónico de hoxe. No programa non faltará o xa habitual boletín de información semanal do IES Nº1 de Ribeira, no que repasamos as actividades, proxectos e novidades máis destacadas do centro. Ademais, esta edición ten un significado especial, xa que tamén celebramos o Día de Rosalía, lembrando a figura de Rosalía de Castro, símbolo da nosa lingua, da nosa cultura e da identidade galega. Unha homenaxe necesaria e sentida, tamén desde as ondas da nosa radio escolar. 
🎧 Agardamos que gocedes do programa tanto como nós gozamos facéndoo. Seguimos… nas ondas!

Comentarios