DIA DO LIBRO 2026

🎙️ Esta semana en Radio nas Ondas temos unha novidade moi especial… 💥 volven as Noas! Despois dunha pequena ausencia, regresan aos micros con máis ganas ca nunca de informar, acompañar e poñerlle voz ao día a día do noso instituto.

No programa de hoxe facemos un repaso completo á actualidade do IES Nº1 de Ribeira, cunha semana moi especial marcada polo 📚 Día do Libro 2026. Ao longo destes días, o centro énchese de historias, palabras e creatividade: actividades na biblioteca, recomendacións lectoras, propostas colaborativas e iniciativas que nos lembran a importancia de ler, imaxinar e compartir cultura.

Un episodio cargado de ritmo, ilusión e moito contido… co mellor equipo de volta ao completo 🎧

👉 Dálle ao play e non perdas nada do que se move no insti!

Comentarios