DESPEDIDA DE COUSAS NAS ONDAS 25/26

Con este último programa despedimos o curso 2025-2026, un curso moi especial porque foi o ano no que Ribeira nas Ondas comezou a súa andaina.

Durante estes meses fomos construíndo pouco a pouco un proxecto que naceu coa ilusión de dar voz ao noso centro, compartir experiencias e achegar a radio escolar a toda a comunidade educativa. E se hoxe podemos facer balance tan positivo, é grazas ás persoas que apostaron por el desde o primeiro día.

Por iso queremos facer un recoñecemento especial a Noa C. e Noa S., dúas alumnas que demostraron un compromiso, unha responsabilidade e unha implicación exemplares. Sempre estiveron dispostas a colaborar, achegar ideas e asumir tarefas para que cada Cousas nas ondas saíse adiante.

Moitas grazas polo voso traballo, pola vosa ilusión e por todo o que aportastes á nosa radio.

Tamén queremos facer un agradecemento á Profa Pilar Ponte e ao alumnado de 1º ESO que levaron adiante o clube de radio : BRAVO!!!

E aos alumnos de Literatura de 1º BAC que levaron adiante os seus podcasts acerca de escritor@s universais. PARABÉNS A TOD@S!! 

O VINDEIRO CURSO MÁIS E MELLOR!!!

📻 Agora é tempo de lecer, e lembrade que na praia unha boa compañia tamén pode ser radio , así que

Feliz verán a toda a comunidade educativa! 🌞🎙️



Comentarios